Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (826/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 826/2010, deste xulgado do Social, seguido por instancia de Marcelino Sobrado Piñeiro contra a empresa Naviera Marot, S.A., Fraternidad Muprespa, Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre invalidez, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre revisión de incapacidade 826/2010, en que foi demandante Marcelino Sobrado Piñeiro, representado polo letrado Sr. Varela Míguez, e demandados o Instituto Social da Mariña, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Berea, a mutua Fraternidad Muprespa, coa representación do letrado Sr. Ojea Carballeira, e a empresa Naviera Marot, S.A.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Marcelino Sobrado Piñeiro contra o Instituto Social da Mariña, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como contra a Mutua Fraternidad Muprespa e a empresa Naviera Marot, S.A. e, en consecuencia, declaro a Marcelino Sobrado Piñeiro afecto de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo e condeno as entidades demandadas, en función das súas respectivas responsabilidades, a lle aboar ao demandante unha prestación do 75 % da súa base reguladora mensual de 1.970,12 euros, con efectos do 22 de xuño de 2010, e isto coas melloras e as revalorizacións que legal e regulamentariamente procedan.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Naviera Marot, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial