Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (826/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 826/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adolfo Peiteado Barreiro contra as empresas UTE Contactnova Callcenter O12, Servicios de Telemarketing, S.A., o Fondo de Garantía Salarial, Global Sales Solutions Line, S.L., Teleaction, S.A., Sitel Ibérica Teleservices, S.A. e Ferrovial Servicios, S.A., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Non procede aclarar a sentenza ditada nos presentes autos.

Pásense as actuacións á secretaria xudicial para a continuación da tramitación destes autos.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos que poidan interpoñer contra a sentenza.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Teleaction, S.A., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial