Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública de solicitude de licenza para taller de mantemento de automóbiles.

Óscar Pardo Castro solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de mantemento de automóbiles, como reforma e ampliación do taller de reparación de pneumáticos con licenza 95/1989, na avda. Infanta Elena, Duquesa de Lugo, núm. 33 baixo.

Cumprindo co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 12 de setembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo