1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: O-27/2012.
2. Obxecto do contrato: obras de reforma de edificio para centro de día e fogar social Nova Boandanza, no marco do proxecto integral de rexeneración urbana (Urbana-C) da Agra do Orzán da Coruña. Estas obras están financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco da iniciativa Urban do eixe 5 de desenvolvemento local e urbano do Programa operativo rexional de Galicia).
Prazo de execución: oito meses.
3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.
4. Orzamento base de licitación: 1.442.258,56 € (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: C-2-b, C-4-b, J-2-b e C-1-b.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil de contratante.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 2 de novembro de 2012
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública