Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (460/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 460/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esperanza Nieto-Guerrero Sánchez contra a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 771/2012.

A Coruña, 5 de outubro de 2012.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 e seu partido, estes autos de xuízo nº 460/2010, seguidos por instancia de Esperanza Nieto-Guerrero Sánchez, asistida pola letrada Estefanía Lapido Taboada, contra a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda formulada por Esperanza Nieto-Guerrero Sánchez fronte a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., debo condenar e condeno a esta a lle aboar á demandante a cantidade de 1.134,06 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % de xuro por mora respecto dos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Carpintería de Aluminio J.F., S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

O secretario xudicial