Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (947/2010).

Xulgado do Social número 3 da Coruña. R/ Monforte, s/n.

Teléfono: 981 18 51 35/136/137.

Fax: 981 18 51 35.

NIG: 15030 44 4 2010 0005072 N81291.

Nº autos: procedemento ordinario 947/2010.

Demandante: María Esther Felipe Pérez.

Demandados: Arancha Garrapucho, S.L., Banban Kids, S.L.L.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 947/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Felipe Pérez contra a empresa Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 756/2012.

Nº de autos: procedemento ordinario 947/2010.

A Coruña, 4 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, María Esther Felipe Pérez, en cuxo nome e representación comparece o letrado José Miguel López Pérez, e doutra, e como demandados, a empresa Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L. que non comparecen malia estaren citadas.

Decido que estimando a demanda formulada por María Esther Felipe Pérez fronte ás empresas Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., condénoas solidariamente a lle aboar á demandante a cantidade de 1.000 euros, que lle deben en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme os artigos 4.2 f) e 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Arancha Garrapucho, S.L. e Banban Kids, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

O secretario xudicial