Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/87-2, 8055 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Decathlon España, S.A.U.

Domicilio social: r/ Salvador de Madariaga, s/n, Parque Comercial Alegra y Ocio, San Sebastián de los Reyes, Madrid.

Denominación: CS e transformación de interior de 630 kVA, 20 kV/B2 e enlace soterrado con liña soterrada alta tensión 20 kV de Begasa, para local comercial Decathlon.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– CS prefabricado tipo Ormazábal CMS-15, no lindeiro da parcela, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.

– LMTS a 20 kV en canalización proxectada, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 85 metros en condutor RHZ-240.

– CT en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección de transformador, e unha cela de medida, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo