Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica L.M.T. planta de residuos de construción, no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2012/21-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Benigno Álvarez, S.L.

Domicilio social: estrada A Rañoa, s/n. 32570 Maside.

Denominación: LMT planta de residuos de construción.

Situación: Morgade.

Descricións técnicas:

LMT subterránea a 20 kV, de 730 m, con condutor RHZ 3×95 Al, que ten a súa orixe na LMT existente de Unión Fenosa Distribución en Morgade e remate no CT proxectado intemperie de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 6 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense