Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de outubro de 2012, da Xefatura de Área da Coruña, de requirimento de retirada dos mobles dunha vivenda na Coruña (expediente C-136-CD/63, conta 1576).

Con data 11 de outubro de 2012 procedeuse á entrada na vivenda sita na r/ Azahar, nº 6, bloque 48, P-6, 2º D da Coruña (expte. C-136-CD/63, conta 1576) como culminación do desafiuzamento por ocupación sen título legal, coa preceptiva autorización xudicial de entrada ditada o 17.9.2012 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña.

Ao non obter resposta despois de repetidas chamadas á porta, accedeuse ao interior da vivenda na cal quedaban diferentes aparellos sen que estivese o seu adxudicatario, polo que, descoñecendo o domicilio actual deste requírense aquelas persoas que poidan ter dereito sobre os ditos mobles, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Edificio de Servizos Múltiples, 9ª planta. Vicente Ferrer, 2, A Coruña. Teléfono 981 18 48 01).

Expido, asino e selo este anuncio.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña