Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 17 de outubro de 2012 pola que se fai pública unha relación de resolucións de recursos de reposición interpostos contra as resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 1 de decembro), correspondente ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións de recursos de reposición interpostos contra as resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 1 de decembro) que a seguir se relacionan, correspondentes á avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, posto que, unha vez intentada a súa notificación no domicilio indicado polas persoas interesadas, esta non se puido efectuar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da súa notificación, advertíndolles que, no caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

As citadas resolucións de recurso de reposición poñen fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

José Montero Reguera

09763251G

110/1-11-C

Juan José Becerra González

32769140M

517/1-11-C

Fernando Romo Feito

17838883Z

442/1-11-C