Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41092

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública dunha estación base para telecomunicacións.

France Telecom España, S.A., entidade representada por Francisco Martín Moreno, solicitou licenza municipal de actividade para a instalación dunha estación base para equipamentos de telecomunicacións, na rúa Castelao, nº 7. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de actividades clasificadas do Concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 28 de setembro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente