Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41093

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

O Combarro, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

ANUNCIO de disolución de cooperativa.

De conformidade co previsto no artigo 87 da Lei de cooperativas de Galicia, comunícase que a cooperativa O Combarro, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas, inscrita no Rexistro de Cooperativas da Coruña co número 1277-C, acordou a súa disolución mediante acordo adoptado na asemblea xeral que tivo lugar o día 18 de xullo de 2012. O acordo foi adoptado por maioría e polas causas previstas nos artigos 86.c) e 120.3 da Lei de cooperativas de Galicia. Faise constar que se cumpriron os requisitos legais e estatutarios establecidos para a convocatoria da asemblea e para a adopción de acordos.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2012

Ramón Ares Silvalde
Presidente