Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de reparación de vehículos.

Rafael Santiso Fariñas, que representa a Comercial Rafael, S.L., solicitou neste concello licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado a taller de reparación de vehículos no nº 4 da rúa 7B do polígono industrial deste concello.

De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 1 de outubro de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde