Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40484

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 17 de outubro de 2012 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecida na Orde do 8 de xuño de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN314A).

O día 19 de xuño de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 8 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con lousa, e se procede a súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN314A).

No artigo 15 das bases reguladoras da Orde do 8 de xuño de 2012 establécese que, para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa, tendo de prazo máximo ata o 15 de novembro de 2012 (inclusive). O elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e de resolución dos respectivos expedientes. Co fin de garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións e dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase ata o 20 de decembro de 2012 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da citada Orde do 8 de xuño de 2012 de renovación de cubertas con lousa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria