Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente sancionador (PESAN1 2011/001962-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2011/001962-1.

Denunciado: Juan José Rodríguez Pérez.

DNI: 78782471L.

Enderezo: Neira de Mosquera, 1, 3º, Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: 138.1.

Sanción: 30.001 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), o importe da devandita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Área do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpre os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderá solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza desta resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado no cal manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña