Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación do domicilio social do Sindicato Independiente y Profesional de Profesores de Religión de Galicia (Sipprega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte o acordo acadado en asemblea xeral ordinaria que tivo lugar o 22 de setembro de 2012, na cal se recolle a modificación do domicilio social, que pasa a ser na rúa Torreira 22, 1º, 15705 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais