Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos da Coruña e Culleredo (expediente IN407A 2012/145).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Red Electrica de España, S.A.

Domicilio social: Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, Alcobendas, 28109 Madrid.

Denominación: modificación do tramo 323-327 da LAT 220 kV SC Mesón-Porto.

Situación: concellos da Coruña e Culleredo.

Características técnicas: modificación da LAT a 220 kV Mesón-Porto no tramo entre os apoios nº 323 e 327, con motivo da construción da autovía de acceso á Coruña e conexión co aeroporto de Alvedro, tramo As Lonzas-A Zapateira. Desmóntanse os apoios nº 324, 325 e 326 e instálanse novos apoios metálicos nº 324A, 324B, 325 e 326, cunha lonxitude de 1,453 km, con condutor tipo LA 455 e dous cables de terra, un do tipo Alumoweld 7/8 de 58,56 mm2 de sección entre os apoios nº 324A-326, e outro tipo OPGW de 118 m2 de sección entre os apoios nº 324A-327.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña