Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2012/245-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS Barro Pasaxe 22.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 171 metros de lonxitude, con orixe no tramo VAA7050132, no apoio HV 1000-13 do que parte a derivación ao CT Gaypasa e final no CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas en edificio prefabricado, situado en Barro Pasaxe, 22, Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra