Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica centro de transformación en canteira Rioseco, no concello de Paderne de Allariz (expediente IN407A 2012/48-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Antonio Carballo Vilarchao.

Domicilio social: lugar de Rioseco, 2 (estrada Rioseco-Pinto, OU 0105, 32110 Paderne de Allariz).

Denominación: centro de transformación en canteira Rioseco.

Situación: Rioseco-Paderne de Allariz.

Descricións técnicas: centro de transformación proxectado na canteira Rioseco composto por edificio prefabricado modular de formigón (INAEL) con CT de 315 kVA, R/T 20.000/400-230 V, (expediente nº 1421 AT), alimentado pola LMT da empresa distribuidora VLL 813 PTE Gozos-C.H. Castadón.

Orzamento: 21.710 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 27 de setembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense