Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 161/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS rúa Luis Braille.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,310 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS CBL 702 entre o CT Cemiterio Vello, nº 11 (expediente 355/08) e o CT Campo Feira Milagrosa (expediente 198/95), condutor tipo 2RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al) e final no centro de transformación Campo Feira Milagrosa tras realizar entrada e saída no CS que instalará o cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña