Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Ferroatlántica, S.A. para a fábrica de ferroaliaxes localizada no concello de Cee (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-54).

O 20 de febreiro de 2008 concedeuse a Ferroatlántica, S.A. a autorización ambiental integrada número 2006/0070_NAA/IPPC_036 para a fábrica de ferroaliaxes, localizada no concello de Cee (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Ferroatlántica. Documento técnico para renovación de autorización ambiental integrada. Fábrica de Cee. Rev. 1, setembro 2012.

– Ferroatlántica. Resumo non técnico para renovación de autorización ambiental integrada. Fábrica de Cee. Rev. 1, setembro 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Cee (rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee. A Coruña).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental