Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada do servizo para o apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente orixinal: 19/2012 SXT (XE).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17445

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 72311000.

d) Publicidade: DOUE do 5 de maio de 2012, DOG nº 99, do 15 de maio de 2012 e BOE do 12 de maio de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 346.156,40 €.

5. Orzamento de licitación.

a) Orzamento base de licitación: 173.078,20 €.

b) IVE (18 %): 31.154,08 €.

c) Orzamento total de licitación: 204.232,28 €.

6. Financiamento: FCA.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 21 de setembro de 2012.

c) Adxudicataria: Estudio Técnico Gallego, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 152.542,37 €. Importe total (con IVE): 184.576,27 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012, DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas