Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Repsol Petróleo, S.A. para o complexo industrial de Repsol A Coruña, concellos da Coruña e de Arteixo (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-93).

O 27 de abril de 2006 outorgouse a Repsol Petróleo, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2005/0108_NAA/IPPC_016 para o complexo industrial de Repsol A Coruña, do cal é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de sete anos contados a partir do día seguinte a aquel en que se fixo pública a resolución (6.7.2006).

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Memoria de solicitude de renovación de autorización ambiental integrada. Clave: 2005/0180_NAA/IPPC Rev. 1.

– Resumo non técnico. Memoria de solicitude de renovación de autorización ambiental integrada. Clave: 2005/0180_NAA/IPPC.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Xefatura Territorial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

• Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña).

• Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental