Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de información pública sobre ampliación da actividade de ensamblaxe de aeroxeradores en Calvoso (Chavín).

Diego Roca Mourín, en representación de Vestas Nacelles Spain, S.A.U. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación da actividade de ensamblaxe de aeroxeradores na planta construída no lugar de Calvoso, Chavín, Concello de Viveiro. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– así como exposición no taboleiro de anuncios do concello co fin de que durante o mesmo as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Viveiro, 10 de outubro de 2012

Melchor Roel Rivas
Alcalde