Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39784

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre instalación de nave para aloxamento de vacún de carne, fosa de xurro e silos en Vilapedre.

Roberto Carlos Torres López solitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de nave para aloxamento de vacún de carne, fosa de xurro e silos en Vilapedre-polígono 17, parcela 455, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 19 de setembro de 2012

José Antonio García López
Alcalde