Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dos contratos das subministracións e servizo que se citan.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 86, do luns 7 de maio de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 17037, onde di: «– Expediente: ED-19/11SU. Subministración de equipamentos multifunción copiadora/impresora/escáner con destino aos distintos centros educativos dependentes desta consellería. Cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013», debe dicir: «– Expediente: ED-19/11SU. Subministración de equipamentos multifución copiadora/impresora/escáner con destino aos distintos centros educativos dependentes desta consellería. Cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75».