Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 6 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de ampliación do CEIP A Igrexa-Calo en Teo (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED 29/12-O).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 133, do xoves 12 de xullo de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 27948, no punto 4, letra c), onde di: «Importe total: 895.223,52 €», debe dicir: «Importe total: 895.223,52 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75».