Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivo de varias solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expedientes AC-2011/00826 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivo das súas solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados encóntranse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/pasaporte

AC-2011/00826

Camilo José Valdés Carou

Lidia Beatriz Godoy de Wu

33273897G

000817646

AC-2011/00829

Rubén García Iglesias

Andrea Duque Montes

32831275V

53305551S

AC-2012/00148

Roberto Seoane Sánchez

Nilbelnys Espinosa Sánchez

78793331T

X7428106A

AC-2012/00436

Susana Bermúdez García

Hamid Bekkouche Benziane

53161126F

--------------