Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 28 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica unha resolución de recurso de alzada xestionada nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado pola interesada, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido da resolución, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9-1º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Concello

Maribel Suárez Durán

X6851012W

15/030/0872/11

Recurso alzada desestimado

A Coruña