Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 25 de setembro de 2012, da Xefatura Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación do trámite de audiencia no expediente sancionador PESAN1 2012/000329-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á empresa que a seguir se indica o trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro).

A interesada dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura comarcal as alegacións que coide pertinentes.

O expediente atópase á disposición da interesada na citada Xefatura Comarcal de Pontevedra, Fernández Ladreda, 43, 4ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2012/00329-5.

Denunciada: Carrabau, Unipessoal, LDA.

Nº id.: 506503658.

Enderezo: Soutelo, Branca, Branca Alb., Portugal.

Pontevedra, 25 de setembro de 2012

José Luis Meijueiro Tilve
Xefe comarcal de Pontevedra