De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o requirimento para facerse cargo de ben incautado do expediente instruído por infracción da Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia (DOG nº 162, do 20 de agosto).
O interesado dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.
Nº de expediente: PESAN1 2005/000447-1.
Denunciado: Francisco V. Fernández Cata.
DNI: 32758956X.
Enderezo: rúa María Ángeles Navarro, 1, O Vicedo.
A Coruña, 20 de setembro de 2012
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña