Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención número 15150002/2010.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 15150002/2010. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase o interesado de que, se non emenda a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 15150002/2010.

Interesado: Entorno Fertil del Norte, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Agrelo, 10, oficina 13, Bertamiráns, 15220 Ames (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada no artigo 7 da Orde do 5 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais.