Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de vehículos automóbiles.

Ángel Manuel Núñez Areán solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de vehículos automóbiles na rúa Aguia número 12-14, baixo.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 24 de maio de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo