Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de automóbiles na avenida de Castela.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Talleres Superturbo, S.L.

Actividade: taller de reparación de automóbiles, ramas mecánica, electricidade e carrozaría.

Localización: avenida Castela, s/n (Verín).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Verín, 28 de setembro de 2012

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde