Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 1 de outubro de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente IN421A/11R18832 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421A/11R18832.

Interesado: Mesón Coto de Trasmaño.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.

Expediente: IN421C/11R15669.

Interesado: ADBM Vontade.

Acto que se notifica: resolución de concesión.

Expediente: IN421D/11R19001.

Interesada: Lavaman Integral, S.L.

Acto que se notifica: resolución de concesión.

Expediente: IN421D/11R19425.

Interesado: CP Rosalía de Castro 51.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421D/11R15882.

Interesado: Juan Manuel Lage Lestón.

Acto que se notifica: resolución de concesión.

Expediente: IN421D/11R15882.

Interesado: Juan Manuel Lage Lestón.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421D/11R18079.

Interesado: Francisco Javier González Rodríguez.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421D/11R17619.

Interesado: Avelino Rodríguez Núñez.

Acto que se notifica: resolución de aceptación da renuncia.

Expediente: IN421D/11R12771.

Interesado: Jesús Alonso Pereira.

Acto que se notifica: resolución de recurso de reposición.