Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39201

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública do Plan de sectorización do solo rústico de desenvolvemento Trigueiriza, do Plan xeral de ordenación municipal de Lalín.

A actuación urbanística Plan de sectorización do solo rústico de desenvolvemento Trigueiriza do Plan xeral de ordenación municipal de Lalín (Pontevedra), de iniciativa privada da entidade Avenida Trigueiriza, S.L., afecta unha superficie de 40.035 m2 no ámbito do solo rústico de desenvolvemento (SR-D) no lugar coñecido como A Trigueiriza, sito ao norte do núcleo urbano de Lalín e da rúa Trigueiriza, a ambas as marxes do viario S.G.-V.5 do Plan xeral de ordenación municipal de Lalín, e estremeiro co regato de Valados (SR-P.3 Cauces e ribeiras), destinados a espazos libres e zonas verdes públicas, e uso previsto mixto terciario-comercial e residencial.

O dito expediente aprobouno inicialmente a Xunta de Goberno local do Concello de Lalín o 14 de xuño de 2012, e someteuse ao trámite de información pública, solicitando das administracións públicas competentes os informes sectoriais preceptivos e notificouse individualmente a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuraban identificadas no proxecto técnico. Non obstante, á vista do informe do arquitecto-asesor urbanístico municipal do 10 de setembro de 2012 e da documentación complementaria presentada previamente pola entidade Avenida Trigueiriza, S.L., a Xunta de Goberno local, na sesión do día 13 de setembro de 2012, acordou incorporala ao expediente, aprobalo inicialmente e sometelo de novo ao trámite de información pública.

En cumprimento do establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), exponse ao público o antedito expediente, con inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, en dous xornais da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, para que poida ser examinado e presentarse, de ser o caso, alegacións ou reclamacións na Secretaría Xeral do Concello, durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 28 de setembro de 2012

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo