Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39202

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de estabulación libre de gando vacún leiteiro e construción de silo forraxeiro en Cornes (Vilariño).

Juan Carlos Rodríguez Landeira, en representación de Gandeiría Cornes, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación da estabulación libre de gando vacún leiteiro e construción de silo forraxeiro, en Cornes (Vilariño). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia–, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Val do Dubra, 20 de setembro de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde