De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor.
A comparecencia deberase efectuar nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.
A Coruña, 25 de setembro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesada: Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L.
Último domicilio coñecido: rúa Doutor Carracido, 43, 36205 Vigo (Pontevedra).
Acto notificado: proposta de resolución.
Infracción: punto i) da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e artigo 33.3.j) da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial.