Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro que se cita (número 144 Dapoza), sito no concello de Vilar de Santos.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 144.

Nome: Dapoza.

Tipo de dereito: sección A.

Peticionario: Manuel Jardón Dapoza.

Domicilio: As Casas da Veiga, 32650 Vilar de Santos (Ourense).

Data da solicitude: 11 de abril de 2012.

Superfice: 27.770 m2.

Recursos: area.

Concello: Vilar de Santos (Ourense).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de setembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense