Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 24 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador PO-41/2012, por infraccións en materia de comercio.

O 12 de setembro de 2012, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador PO-41/2012, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industrial de Pontevedra, contra Gimeno González Gómez, titular do establecemento do mesmo nome.

Intentada a notificación da proposta de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle ao interesado o contido da proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de 15 días desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións, e presentar os documentos ou informacións que considere convenientes perante o instrutor do procedemento, e lémbraselle o seu directo a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na praza da Estrela, s/n, Vigo.

Vigo, 24 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-41/2012.

Interesado: Gimeno González Gómez (DNI 34903710-Z).

Enderezo: rúa D, nº 27, 36500 Lalín (Pontevedra).

Feitos imputados: tres infraccións graves en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG nº 249, do 29 de decembro), artigos 5.3 ,105.a).1º; 43, 44 e 45, 105.b).10º; 98, 105.e).

Sanción proposta: 6.000 euros.