Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña.
As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.
A Coruña, 11 de setembro de 2012
P.S. (Resolución do conselleiro 29.7.2009)
Margarita Olmo Bosco
Xefa do Servizo de Administración Local e Interior
ANEXO
Nº de expediente |
Denunciado |
Enderezo |
Establecemento |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Resolución |
AC-EP 123/2012 |
Rafael Santos Rodríguez |
Avda. de Vilaboa, 158, baixo, Rutis Culleredo |
Cafetería LP |
26.e) da LO 1/1992 |
28 da LO 1/1992 |
150,00 € |