Mediante Resolución do 28 de setembro de 2012, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada o 20 de febreiro de 2012 pola Mesa de Contratación e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG número 241, do 20 de decembro de 2011, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de explanación e rampla con destino á explotación dun varadoiro de reparación de embarcacións e actividades complementarias no porto de Meira (Moaña), por falta de licitadores admitidos.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución ou, potestativamente, recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia