Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38967

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre almacén de empresa de enxeñaría, desenvolvemento e integración de bens de equipo industrial da automoción e aeronáutica en Millarada (Vilar de Infesta).

Industrias Delta Vigo, S.L., representada por Francisco Javier Puga González, solicitou licenza de apertura para o exercicio da actividade de almacén de empresa de enxeñaría, desenvolvemento e integración de bens de equipo industrial da automoción e aeronáutica que se instalará na estrada Redondela-Peinador, 108,110-Bº Millarada-Vilar de Infesta-Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial no que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 30 de xullo de 2012

Miguel Ángel Álvarez Ballesteros
Alcalde accidental