Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38968

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO para a provisión de dúas vacantes de académico de número, unha na Sección de Arqueoloxía e Museoloxía e outra na Sección de Artes da Imaxe, e a provisión de tres vacantes de académico correspondente.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario anuncia a provisión de dúas vacantes de académico de número, unha na Sección de Arqueoloxía e Museoloxía e outra na Sección de Artes da Imaxe. Para ocupar unha destas prazas será elixida unha persoa residente en Galicia que dese a coñecer o seu mérito con obras orixinais da arte que profese ou con estudos sobre a especialidade.

Anúnciase tamén a provisión de tres vacantes de académico correspondente, ás cales se poden presentar persoas que, calquera que sexa a súa residencia, sexan acreedoras desta distinción, polo mérito dos seus traballos artísticos ou de investigación, ou sexan obxecto dun intercambio con outras academias, valorándose, en todo caso, a súa vinculación con Galicia.

As persoas que polas súas actividades en prol das artes se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a estas prazas, deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio.

Enderezo da Academia: praza do Pintor Sotomayor, s/n, 15001 A Coruña.

A Coruña, 3 de febreiro de 2012

María de las Mercedes Goicoa Fernández
Presidenta