Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se acorda facer público o anuncio indicativo do contrato de obra de construción da fase I da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense no marco do proxecto Hospital 2050 (cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder, fondo tecnolóxico, 2007-2013).

A Dirección de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron conferidas no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 109, do 28 de maio), anuncia o acordo de inicio do seguinte expediente de contratación:

1. Órgano de contratación:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 54 18 38.

d) Fax: 881 54 27 62.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contrato de obra para a construción da fase I da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Custo estimado, IVE excluído: 47.921.942,15 € (57.985.550,00 €, IVE incluído).

c) Clasificación CPV: 45 21 51 00.

3. Relación con algún proxecto ou programa financiado mediante fondos da UE: si, co proxecto Hospital 2050, financiado co programa operativo Feder, fondo tecnolóxico, 2007-2013.

4. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4.10.2012.

Acorda facer público o anuncio indicativo no DOUE e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), segundo o artigo 141 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Ponse á disposición dos interesados a seguinte documentación:

– O acordo de inicio de expediente de contratación.

– O prego tipo de cláusulas administrativas particulares que van rexer dita contratación.

– O programa funcional aprobado polo Servizo Galego de Saúde.

– A memoria técnica do proxecto Hospital 2050.

– A composición da mesa de contratación correspondente a este contrato.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos