Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se acorda facer público no Diario Oficial de Galicia o anuncio indicativo dos contratos de obras de construción de dous centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde, nos concellos de Nigrán (Panxón) e de Santiago de Compostela (Galeras) (cofinanciado pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013) remitido con data do 4 de outubro ao DOUE.

A Dirección de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron confiridas no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 109, do 28 de maio), anuncia o acordo de inicio dos seguintes expedientes de contratación:

1. Órgano de contratación.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 54 18 38.

d) Fax: 881 54 27 62.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratos de obras para a construción de dous centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde, nos concellos de Nigrán (Panxón) e de Santiago de Compostela (Galeras).

b) Custo estimado IVE excluído: 3.848.055,99 €, desagregado da seguinte forma:

– Centro de saúde de Panxón-Nigrán 1.099.560,00 €.

– Centro de saúde de Galeras-Santiago de Compostela 2.748.495,99 €.

c) Clasificación CPV: 45 21 51 00.

d) Información adicional: realizarase a súa contratación por separado. Os orzamentos estimados (IVE incluído) para a construción dos centros de saúde son os seguintes:

– Centro de saúde de Panxón-Nigrán 1.330.467,60 €, con IVE.

– Centro de saúde de Galeras-Santiago de Compostela 3.325.680,15 €, con IVE.

3. Relación con algún proxecto ou programa financiado mediante fondos da UE: si, co programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

4. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de outubro de 2012.

Acorda facer pública o anuncio indicativo no DOUE e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), segundo o artigo 141 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Ponse á disposición dos interesados a seguinte documentación:

– Os acordos de inicio de expediente de contratación.

– O prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que van rexer as ditas contratacións.

–  Os programas funcionais aprobados polo Servizo Galego de Saúde.

– A composición das mesas de contratación correspondentes destes contratos.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos