Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/023).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, C. Secc. Tratamentos Ecolóxicos (A Mina-Touro).

Situación: Touro.

Resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 6 de febreiro de 2012, Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA) presenta solicitude ante esta xefatura territorial de autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución para unha instalación eléctrica denominada «LMT, C. Secc. Tratamentos Ecolóxicos (A Mina-Touro)».

Segundo. A petición de autorización administrativa da instalación eléctrica someteuse a información pública por Resolución do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, publicándose no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 105, do 4 de xuño de 2012, e no Boletín Oficial da provincia (BOP) nº 90, do 14 de maio de 2012. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,130 km, en condutor RHZ1-2OL-12/20-12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe en paso aéreo a soterrado que se realizará no apoio existente tipo HV-14/400 (coordenadas UTM X: 555.632, Y: 4.747.285) da LMT Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247) e final no paso soterrado a aéreo que se realizará no mesmo apoio, facendo entrada e saída no centro de seccionamento Tratamentos Ecolóxicos proxectado.

– Centro de seccionamento prefabricado Tratamentos Ecolóxicos, tipo 3L, dentro do prefabricado con envolvente de formigón para centro de transformación obxecto doutro proxecto, no concello de Touro.

Terceiro. Durante o período de información pública presentou alegacións Unión Fenosa Distribución, que manifesta, en resumo, o seguinte: que é a entidade encargada da distribución eléctrica na zona en que UDESA pretende levar a cabo a construción da instalación, e que inicialmente as subministracións existentes eran atendidas por Unión Fenosa Distribución, razón pola que entende que son seus os clientes aos cales se pretende atender coa devandita infraestrutura, e que deberían ser alimentados desde a súa rede, e solicita a desestimación da solicitude de autorización administrativa.

As devanditas alegacións foron trasladadas á empresa solicitante co fin de que presentase as estimacións que considerara oportunas.

Cuarto. Deuse traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, neste caso o concello de Touro, co fin de que prestase a súa conformidade ou oposición á autorización solicitada, e emitise o condicionado técnico ao proxecto. Unha vez recibida resposta do devandito concello, deuse traslado á empresa solicitante, a cal aceptou o condicionado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellaría de Economía e Industria da Coruña é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado a Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas; Decreto 79/2009, do 19 de abril e 83/2009, do 21 de abril, en que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta (DOG nº 75 e 77, do 20 e 22 de abril, respectivamente); Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia; Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 117, do 17 de xuño); Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG nº 23, do 3 de febreiro de 2011); e Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites sinalados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa solicitante e do resto da documentación que consta no expediente, cabe responder que:

– O número 1 do artigo 39. Zonas eléctricas de distribución, do Real decreto 1955/2000 establece que: «Para os efectos do presente real decreto, agás no que se refire ás zonas establecidas para a determinación da calidade de servizo zonal, entenderase por zona eléctrica de distribución o conxunto de instalacións de distribución pertencentes a unha mesma empresa e cuxo obxecto último é permitir a subministración de enerxía eléctrica aos consumidores nas axeitadas condicións de calidade e seguridade»; Unión Fenosa Distribución non identifica a súa instalación eléctrica, da que di que inicialmente atendía as subministracións existentes, nin a súa rede a partir da cal considera que deberían ser alimentados os novos clientes.

– O número 2 do artigo 40. Autorización de instalacións de distribución, da Lei 54/1997, establece que: «A autorización, que non concederá dereitos exclusivos de uso, outorgarase atendendo tanto ao carácter do sistema de rede única e monopolio natural, propio da distribución eléctrica, coma ao criterio de menor custo posible, propio de toda actividade con retribución regulada, e evitando o prexuízo aos titulares de redes xa establecidas obrigadas a atender as novas subministracións que se soliciten»; pódese constatar no expediente que a instalación eléctrica LMT Millares-Quión, de propiedade de UDESA, é a instalación eléctrica existente de empresa distribuidora máis próxima á instalación que se proxecta subministrar, atendendo ao criterio de menor custo posible.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVO:

Autorizar administrativamente e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, nas cales as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto, aos condicionados técnicos impostos que constan no expediente, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización de obras das instalacións autorizadas.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente a dereito.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña