Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38542

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de setembro de 2012 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, a Daniel Blanco Chapela e a Pablo González Sequeiros por ter superado o concurso-oposición convocado pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos de profesores de ensino secundario, entre outros, especialidade de Matemáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na base común 14 da citada orde establécese que as prácticas terán por obxecto comprobar as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia dos aspirantes que aprobaron o concurso-oposición, e que éstas se realizarán nos destinos provisorios que lles correspondan co desempeño da función docente e con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios en prácticas a Pablo González Sequeiros, DNI 34876104-P e a Daniel Blanco Chapela, DNI 73241894-G, que superaron o concurso-oposición, convocado pola Orde do 9 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), segundo a relación publicada no anexo II da Orde do 29 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto), do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas e que tiveron aprazamento da fase de prácticas por resolución desta consellería.

Segundo. O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas, modificado polo Real decreto 213/2004, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Terceiro. Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2004, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Cuarto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria