Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38527

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2011/12, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 3 de agosto de 2012 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2011/12 (DOG do 13 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro

Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2011/12 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo

Fixar a data, o horario e os lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e candidatas.

1. As probas terán lugar o día 18 de outubro de 2012 de acordo co seguinte horario:

9.15 horas, presentación dos candidatos e candidatas.

Das 10.00 ás 12.00 horas, primeira parte da proba.

Das 12.30 ás 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

– Provincia da Coruña.

IES Elviña. Polígono de Elviña, 2ª fase s/n, A Coruña.

– Provincia de Lugo.

IES Sanxillao. Avda. As Fontiñas, nº 171, Lugo.

– Provincia de Ourense.

IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

– Provincia de Pontevedra.

IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e candidatas

a) Os candidatos e candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Tribunal

Presidenta: Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

– Marina Armada Vigo, xefa do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

– Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.

– Samuel Lago Fernández, inspector de Educación.

– José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

– Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación.

– Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.