Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38518

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 194/2012, do 27 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito entre Portomouro (intersección coa estrada AC-453 Roxos-Portomouro) e Santa Comba (intersección coa estrada AC-400 Sigrás-Muros) da estrada provincial CP-0701, de Santiago de Compostela a Santa Comba, a prol da Comunidade Autónoma de Galicia.

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito entre Portomouro (intersección coa estrada AC-453 Roxos-Portomouro) e Santa Comba (intersección coa estrada AC-400 Sigrás-Muros) da estrada provincial CP-0701, de Santiago de Compostela a Santa Comba, a prol da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial da Coruña, como administracións afectadas, acordaron a transferencia da titularidade do treito da estrada CP-0701 indicado no parágrafo anterior.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol da Comunidade Autónoma de Galicia do treito entre Portomouro (intersección coa estrada AC-453 Roxos-Portomouro) e Santa Comba (intersección coa estrada AC-400 Sigrás-Muros) da estrada provincial CP-0701, de Santiago de Compostela a Santa Comba.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a Xunta de Galicia deberá incorporar ao seu plan de estradas a vía a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega da vía formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderanlle á Comunidade Autónoma de Galicia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de setembro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández-Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas